miércoles, 7 de marzo de 2012

Paisaxes: Os canóns do Río Mao

O Río Mao e un afluente do Sil que desemboca no cauce finl deste antes de chegar a súa desembocadura no Miño. O Mao nace nas ladeiras do pico O Serro, na Serra do Burgo, no concello de Montederramo, polo cal discorre para facer logo de fronteira natural entre os concellos de Parada de Sil e A Teixeira ata súa desemboadura, todo na provincia de Ourense.

Pero o máis caracerístico do Mao atopase no seu cauce medio-final, onde súas augas atravesan de forma abrupta entre as altas terras da ribeira do Sil para desembocar neste, creando asi un fermoso e profundo canón case inaccesible rodeado por flora autóctona.
Seu acceso e posible grazas a unha ruta de sendeirismo creada no concello de Parada do Sil que pasa pola antigua canle de auga da antiga fabrica da luz. Despois deste primeiro tramo polo antigo canle, o segundo e a través dunha moderna pasarela de madeira.
A paisaxe e digno dun paraiso, profundas gargantas que morren a pé do río, o cal discorre con forza creando rápidos, cascadas e pozas case inacesibles.
O terreo alcanza caidas de case o 80% nalgunhas zonas, polo que practicamente non existe o habita humano entre os precipicios rochosos. O que si conserva e un ecosistema practicamente virxe, onde dominan as caducifolias como o carballo e soutos de castiñeiras, algunhas polo grosor de seu tronco acheganse a ser milenarias. Tamén acompañan a flora matorrais como maroteiras, xesteiras, carrascais, uces e toxos.
En canto o apartado patrimonial, mesmo sendo un sitio case inaccesible, conserva no principio dos canóns a ponte medieval de Canceliños, entre os concellos de Monterroso e Parada do Sil. Pola ribeira do Mao tamén sobreviven restos de antigos muiños, que aproveitaban a forza das bravas augas para mover súas hélices, o igual que restos de estruturas da antiga fabrica da luz.
Moi destacable tamén os restos da necrópole do antigo e desaparecido mosteiro medieval de San Víctor. Tratase de tumbas cavadas na pedra nai arredor dun fermoso mirador natural enriba dunha gran pedra, na cal hai tumbas cavadas tamén. A necrópole atopase xa preto da desembocadura do Mao polos redores da aldea de San Lourenzo da Barxacova, onde se pode ver aínda nalgunhas casas antigas restos de pedras talladas do antigo mosteiro de San Víctor.
Pasando a necrópole cara a desembocadura do Mao, nos topamos co famoso canón do Sil. Neste tramo cambia a paisaxe vexetal autóctona do Mao por viñedos da Ribeira Sacra e pequenos núcleos de poboación. Na desembocadura temos enfronte no outro lado do Sil o concello lugués de Sober, que se precipita por unha caida abrupta cara o Sil entre matorrais e incribles viñedos.
Por último, na zona da desembocadura, merece a pena voltarse e ver unha vez máis o fermoso canón do Mao entre súas fragas virxes, dando unha autentica sensación de de ben estar e liberdade.
Recomendase visitar a zona en outono, cando as árbores caducifolias tinguén con cores diferentes o canón.

Videos: Fervenza do Toxa