martes, 31 de enero de 2012

Poboacións da Galiza: Concello de Fornelos de Montes

Fornelos de Montes e un concello situado na parte máis oriental da bisbarra de Vigo, aínda que en paisaxes e forma de vida ten pouco que ver con esta. O concello conta con pouco máis de 2.000 habitantes e fai fronteira na súa parte oriental coa provincia de Ourense.
Destaca pola seu relevo, tendo no seus limites o pico máis alto da Serra do Suido, Coto de Puza con 1.024 metros, e destacando tamén a Coto de Eira con case 1.000 metros. Na foto de arriba podemos ver parte da xeografía do concello na parte da ribeira do rio Oitevén, onde saén varios núcleos de poboación.
Destaca asi tamén as terras de ribeira onde se atopa o encoro de Eiras, que suministra gran parte da auga da zona de Vigo. Nas ribeiras do Oitavén conservanse aínda importantes bosques autóctonos. Nela atopamos aldeas como a de Oitavén na foto superior, ou a mesma capital do concello, Fornelos de montes (nas dúas fotos seguintes).

Na parte oriental do concello e a máis montañosa, destaca na zona da parroquia da A Laxe por ter a maior pluviosidade da Galiza e mesmo do estado español, e decir, que onde máis litros chove por metro cadrado. Na foto de abaixo vemos o fondo A Laxe cos montes da Serra do Suido e máis inmediata a parroquia de Estaca.
Esta zona do concello caracterízase máis polos pastos e polo gando, como se pode ver na foto de abaixo nun recuncho da aldea de Estacas.
Metendonos máis cara a zona dos montes da Coto de Eira topamonos con fermosos paraxes metidos entre os pequenos núcleos de poboación, asi tamén importante antigo partimonio como os foxos do lobo da zona.
Na foto superior vemos pequeno núcleo rodeado de pastos de Freaza. Abaixo casas de San Mauro.
No paso dos montes da Coto de Eira cara as zonas a ribeira do Oitavén nos topamos coa parroquia de Traspielas, a cal destaca polo seus pastos e gando vacún e cabalar. Vemos un exemplo deste na foto inferior.

No hay comentarios:

Publicar un comentario