miércoles, 4 de enero de 2012

Galiza das mil maravillas: O cuberto da Mámoa

Esta peculiar estrutura atopase na aldea de Castrelo no lugar de A Mámoa, no concello de Forcarei (Pontevedra).
Tratase dun estrano cuberto feito con mamposteria de pedras, o que máis chama a atención é que está no lugar coñecido como A Mámoa, en pleno acceso o Campo das Mámoas onde se atopan varios restos de mámoas. A zona que non atopase moi ben sinalizada fai que un se fixe nesta estructura a cal ten súa similitude cunha propia anta cando se dirixe a zona das mámoas.
As pedras que compoñen a planta son moi parecidas a das antas e mesmo estan traballadas, o igual que as que fan de tellado aparte de que estan colocadas de forma peculiar sobre o muro que cerra a leira onde se atopa. Todo isto dalle un aire que faino parecer un cuberto en forma de monumento megalítico.
No seu interior, no cal caben unhas dúas persoas, hai unha mesa tamén feita en pedra moi cuca e outra pedra estirada que serve de banco cara a mesa. Isto fai da pequena zona habitacional un lugar cómodo e aprobeitado cunha orientación en contra dos ventos.
Non sabemos quen foi o creador desta singular estrutura, nin cando a fixo nin para que, pero posto que se atopa nun prado posiblemente súa función era resgardarse das choivas mentres se estaba co gando. O que si parece bastante claro e que súa forma non foi feita de casualidade, pois mesmo recorda a saida da cámara dunha anta. Se sumamos isto a que se atopa nunha zona onde se atopan varias mámoas, pode dar a conclusión ata que esas pedras pola forma e polo traballadas de antaño que parecen poden vir da estructura dunha autentica mámoa, ou no caso de non vir desa hipótese o autor poido copiala dunha mámoa.

No hay comentarios:

Publicar un comentario