martes, 31 de enero de 2012

Antiga Gallaecia: A Mámoa de Chan de Arquiña

A mámoa de Chan de Arquiña atopase na parroquia de Domaio, no concello de Moaña (Pontevedra), na bisbarra de O Morrazo. E un importante monumento megalítico funebre que conta con máis de 5.000 anos de antiguedade.
Recordemos que unha mámoa era onde soterraban nosos antepasados de fai 6.000 a 4.000 anos. Teñen polo xeral unha estructura circular na maioria das veces contruida en predra onde o morto se deposita nunha cámara, a cal se soe accede por un pasillo, aínda que tamén poden ausentarse del. Estes monumentos de ritual da morte eran despois soterrados, polo que os que nos chegan aínda nese estado alterando o terreo son coñecidos como mámoas ou túmulos, mentes os que aparecen desenterrados son chamados dolméns ou antas.
No caso de Chan de Arquiña aparece a medio soterrar, polo que se pode conservar algo asi como un dolmén-mámoa. Este xacemento ten unha gran importanza arqueolóxica pola súa gran consevación, sendo dos máis importantes estudados dentro dos monumentos funerarios da Galiza coas características similares.
Nos redores da mámoa hai un espazo de recreo tranquilo onde abundan as castiñeiras, hai tamén mesas, auga e sitios onde poder cociñar o ar libre. Tamén a pouca distanza se atopa o alto do Faro de Domaio, a máis de 600 m de altura onde hai unhas espectaculares vistas a ría de Vigo e seus redores, polo que a zona merece a pena visitala.

No hay comentarios:

Publicar un comentario